Novos proxectos relacionados coa gastronomía ou o turismo en condicións reais
O Mercado do Emprendemento converte o Mercado de Abastos nun laboratorio real para novos proxectos gastronómicos e turísticos. Aquí, ideas emerxentes teñen a oportunidade de probar o seu modelo de negocio directamente fronte ao público.
Eres emprendedor/a ou estás na fase de proba dun novo proxecto? Este pode ser a túa oportunidade!
- Cesión temporal de 15 postos no mercado
- Estancias dun mes por proxecto
- Testeo real de receitas, servizo e aceptación do público
- Acompañamento e tutorización personalizada
Apúntate a través da nosa páxina web e desfruta durante un mes e de forma gratuíta dun posto físico no Mercado de Abastos!
- https://apuntate.pontevedra.gal/mercado-do-emprendemento/
Ata abril, o programa acollerá polo menos quince proxectos, enchendo o mercado de novas propostas, sabores e ideas.
Un pode ser o teu!
Aceite Galego Embruxo
Embruxo é un proxecto centrado na produción de aceite de oliva virxe extra galego, artesanal e de alta calidade, elaborado en pequenos lotes a partir de colleitas temperás. A...
Gastrovisual
Gastrovisual é unha plataforma dixital que transforma a maneira na que restaurantes e negocios gastronómicos presentan a súa oferta. A través de cartas baseadas en vídeo e ferramentas de...
Lua & tierra
Lua & Tierra é un proxecto centrado na elaboración de produtos cosméticos naturais feitos ao momento, como xeles, champús ou cremas personalizadas. Destaca polo seu carácter artesanal, o uso...
Información:
- Mercado de Abastos
- De xoves a sábado nos meses de novembro a abril
- 8.00 a 15.00 h
- Apúntate aquí