O futuro da gastronomía atlántica
O Foro de Novos Talentos da Cociña Atlántica é unha aposta polo talento novo e pola cociña do futuro. Un encontro anual que dá visibilidade a mozos e mozas cociñeiros menores de 30 anos con propostas innovadoras ligadas á identidade atlántica.
Se es un xoven cociñeiro e cumpres os requisitos… A que esperas? Apúntate!
A iniciativa inclúe:
- Un foro principal de dous días no Mercado de Abastos
- Actividades abertas a profesionais e público xeral
- Catro microeventos previos que quentan motores e achegan a proposta a novos públicos
Un espazo para aprender, inspirarse, compartir coñecemento e descubrir ás persoas que marcarán o rumbo da gastronomía galega nos vindeiros anos.





