Pontevedra GastroFest

Un festín de degustación e produto local

O Pontevedra GastroFest é unha invitación a vivir a gastronomía de Pontevedra con todos os sentidos. Ao longo do ano, o Mercado de Abastos convértese nun gran espazo de celebración, encontro e sabor, onde tradición, produto local e cultura popular se dan a man.

Tres grandes citas marcan o calendario:

  • Magosto · 14 e 15 de novembro​
  • Entroido · 17 e 18 de febreiro​
  • Semana Santa · 3 e 4 de abril​

En cada edición poderás desfrutar de degustacións de produtos de tempada, música en directo, obradoiros, actividades culturais e espazos pensados para compartir. Un ambiente festivo e participativo que convida a quedar, probar, conversar e celebrar xuntos a nosa identidade gastronómica.

Vive o mercado como nunca antes e forma parte das grandes festas de Pontevedra!

Información:

Entroido

Magosto