Mesa do Camiño

Unha mesa compartida para peregrinos

Mesa do Camiño é moito máis ca unha cea: é unha experiencia de encontro. Cada xoves ou venres pola tarde, arredor das 19:30 h, no Mercado de Abastos, un chef local cociña con
produtos de proximidade (km 0) para compartir unha gran mesa común con peregrinos, veciñanza e visitantes.

Unha oportunidade perfecta para:

  • Descubrir a cociña local de man de chefs da contorna​
  • Compartir historias, camiños e conversas​
  • Vivir o mercado dun xeito próximo, humano e auténtico​

Un espazo onde a gastronomía une culturas e persoas arredor dunha mesma mesa.

  • 🆓 Evento gratuíto con inscrición previa.

Senta, comparte e forma parte dunha experiencia que deixa pegada

Información: