Téagarimo é unha tenda online especializada en tés e infusións a granel de alta calidade, seleccionados de diferentes orixes. A súa proposta combina benestar, sabor e sustentabilidade, apostando pola redución de residuos e un consumo máis responsable.
Ademais da venda, busca ofrecer unha experiencia sensorial completa e achegar a cultura do té á comunidade, fomentando hábitos saudables e conscientes.