Gastrovisual é unha plataforma dixital que transforma a maneira na que restaurantes e negocios gastronómicos presentan a súa oferta. A través de cartas baseadas en vídeo e ferramentas de reserva e compra en liña, converte a experiencia do cliente nun proceso visual, intuitivo e atractivo. O proxecto incorpora ademais a creación de contido audiovisual mediante videopodcast, impulsando o talento gastronómico local e abrindo novas vías de promoción para o sector.






