Mercado do Emprendemento

Novos proxectos relacionados coa gastronomía ou o turismo en condicións reais

O Mercado do Emprendemento converte o Mercado de Abastos nun laboratorio real para novos proxectos gastronómicos e turísticos. Aquí, ideas emerxentes teñen a oportunidade de probar o seu modelo de negocio directamente fronte ao público.

Eres emprendedor/a ou estás na fase de proba dun novo proxecto? Este pode ser a túa oportunidade!

  • Cesión temporal de 15 postos no mercado
  • Estancias dun mes por proxecto
  • Testeo real de receitas, servizo e aceptación do público
  • Acompañamento e tutorización personalizada

Apúntate a través da nosa páxina web e desfruta durante un mes e de forma gratuíta dun posto físico no Mercado de Abastos!

  • https://apuntate.pontevedra.gal/mercado-do-emprendemento/

Ata abril, o programa acollerá polo menos quince proxectos, enchendo o mercado de novas propostas, sabores e ideas.

Un pode ser o teu!

A Morena

A Morena é un proxecto de elaboración de marmeladas e conservas vexetais artesanais, baseado no aproveitamento de produto local e na creación de receitas propias. A súa proposta aposta...

Aceite Galego Embruxo

Embruxo é un proxecto centrado na produción de aceite de oliva virxe extra galego, artesanal e de alta calidade, elaborado en pequenos lotes a partir de colleitas temperás. A...

Ammigo

Ammigo é un proxecto de ebanistería que crea pezas de madeira para a mesa, combinando tradición artesanal e deseño contemporáneo. Cada produto é único e está elaborado con materiais...

Gastrovisual

Gastrovisual é unha plataforma dixital que transforma a maneira na que restaurantes e negocios gastronómicos presentan a súa oferta. A través de cartas baseadas en vídeo e ferramentas de...

Lua & tierra

Lua & Tierra é un proxecto centrado na elaboración de produtos cosméticos naturais feitos ao momento, como xeles, champús ou cremas personalizadas. Destaca polo seu carácter artesanal, o uso...

Téagarimo

Téagarimo é unha tenda online especializada en tés e infusións a granel de alta calidade, seleccionados de diferentes orixes. A súa proposta combina benestar, sabor e sustentabilidade, apostando pola...

Información: