A Morena é un proxecto de elaboración de marmeladas e conservas vexetais artesanais, baseado no aproveitamento de produto local e na creación de receitas propias.
A súa proposta aposta por combinacións innovadoras e por ampliar o uso das marmeladas máis alá do almorzo, incorporándoas tamén á cociña salgada. Con raíces no rural, promove a economía circular e o traballo con produtores locais.