Unha mesa compartida para peregrinos
Mesa do Camiño é moito máis ca unha cea: é unha experiencia de encontro. Cada xoves ou venres pola tarde, arredor das 19:30 h, no Mercado de Abastos, un chef local cociña con
produtos de proximidade (km 0) para compartir unha gran mesa común con peregrinos, veciñanza e visitantes.
Unha oportunidade perfecta para:
- Descubrir a cociña local de man de chefs da contorna
- Compartir historias, camiños e conversas
- Vivir o mercado dun xeito próximo, humano e auténtico
Un espazo onde a gastronomía une culturas e persoas arredor dunha mesma mesa.
- 🆓 Evento gratuíto con inscrición previa.
Senta, comparte e forma parte dunha experiencia que deixa pegada






